Phoenix Criminal Lawyer

Esta manhá, o Carlos decidiu abandoar a greve de fame que mantinha desde o 30 de avril, os motivos nom som nem a pressom dos carceleros nem o seu estado de saúde, segundo el mesmo declarou, senom que já tinha planificada a temporalidade da medida de pressom contra a direcçom da prissom. Neste momento o seu estado de saúde e bom e melhora co paso das horas.

Stop dispersom!!

Carlos Cela liberdade!!

Chuzame! chuzame -

Disponivilizamos este vídeo que recompila imagens da detençom de Carlos junto com outras das movilizaçons posteriores.

CARLOS LIVRE JA!!

Chuzame! chuzame -

Como se informara há umhas semanas, o cidadám galego Carlos Cela tomara a decissom de comezar umha greve de fame co fím de ser reconhecido como preso político e ser trasladado de módulo assi como de desfrutar dumha cela individual.  A medida de pressom foi posta em marcha a partires do dia 30 de avril. Hoje, 10 dias depois, o estado de saúde de Carlos nom emperou muito, esta manhá, tras saír da enfermaria da prissom espanhola de Valdemoro, confirmou que os médicos comunicaram-lhe que perdera 8 quilos pero que o seu estado de saúde polo momento era bom. O preso político basco co que comparte módulo e que apoiou a medida de pressom (ademais de greve de fame fai também de sede) si conseguiu os seus objectivos, porém os médicos advertiram-lhe de que o seu corpo estava resentindo-se seriamente.

Informar ademais de que o Tribunal Supremo ainda nom deu resoluçom ao recurso presentado por Carlos Cela ante a súa encarcelaçom (quando devia te-lo feito há 3 dias)

Por último, disponivilizamos um vídeo no que se recolhem a série de movilizaçons que seguirom á montagem policial contra o companheiro.

http://blip.tv/file/884325/

Chuzame! chuzame -

Ontem, 29 de avril, um numeroso grupo de pessoas volveu-se concentrar fronte a casa de Carlos Cela Seoane para esigir a súa inmediata posta em liberdade, quadrando ademais coa vista oral que o companheiro tem hoje dia 30 no Tribunal Supremo.

No transcurso da concentraçom, mercenários espanhois achegarom-se ás solidárias  e identificarom a várias co claro fím de amedrentar.

Carlos Cela liberdade!

Stop dispersom!

máis fotos em: http://galiza.indymedia.org/gz/2008/04/15414.shtml

Chuzame! chuzame -

Esta quinta feira dia 30 de avril, o preso político galego Carlos Cela Seoane terá umha vista oral no Tribunal Supremo, cuja resoluçom se conhecerá em 7 dias, ante o que o presentou um recurso contra a súa encarcelaçom.

Tentara-se demostrar que o Carlos leva umha vida completamente pública, é dizer, coida da súa mae, trabalha num bar, etc...co qual nom existiria perigo de fuga antes do juizo, que nom tem data fija já que o Carlos atopa-se seqüestrado baixo legislaçom anti-terrorista

Com o fím de apoia-lo convocamos umha concentraçom o dia 29 de avril ás 20:30h na Praça das Conchinhas

http://galiza.indymedia.org/gz/2008/04/15361.shtml

Chuzame! chuzame -

Recordade que podedes escrever a Carlos a:

Prisión de Madrid III

Carretera Pinto-San Martín de la Vega, kilómetro 5

28340-valdemoro madrid

Valdemoro, 24-03-08

-Xuño de 2007

Detención de 4 militantes do PCE(r) e 2 do GRAPO en Barcelona. Entre os militantes do PCE(r) o meu irmán Paco. Declaración dun xefe da policía a “El País”: “...ahora ya sólo nos quedan los amigos y familiares...”

-Xaneiro de 2008

Detención de 5 solidarios cos presos políticas, máis ou menos o ministro dos GAL, o señor Rubalcaba: “no formaban parte de ningún comando operativo, de ninguna célula estable, pero por si acaso había que detenerlos...”

Guerra preventiva, o todo vale contra o que eles chaman “terrorismo” agora, antes “bandolerismo”; o que o meu avogado, Endika Zulueta nun artigo publicado no Gara chama “Dereito Penal contra o inimigo”

Mais quen é o inimigo? De xeito claro, aparecen os que verdadeiramente resisten e combaten ao Estado fascista e imperialista español, para eles, todas as leis excepcionais habidas e por haber, para eles a criazón da Audiencia “Nacional” por decreto-lei en sustitución do antigo Tribunal de Orden Público franquista (curiosamente os xuízes seguiron sendo os mesmos), para eles os mesmos gardas civís, policías que os torturaban na dictadura e os seguían torturando na “democracia”, para eles a intoxicación mediática e o silencio máis absoluto sobre a súa loita.

Mais agora, para xustificar os novos atropelos que xa están cometendo e van cometer, o inimigo nolo presentan difuso, agora o inimigo somos todas, todas e todos aqueles que ousen erguer a súa voz contra a inxustiza. Ese é o salto culitativo que están a dar, e quen non o vexa é que está cego ou mira para outra parte. Comezaron en Euskal Herria aplicando un estado de excepción permanente, sentenciando a decenas de anos de prisión a persoas normais e correntes, xornalistas, avogados, mestres, ...como aconteceu co 18/98, ilegalización de partidos e criminalización da solidariedade.

E agora esa vía represiva extendese a todo o Estado, somos perigosos, a man tendida é perigosa, a solidariedade con presos e presas políticas é perigosa, a denuncia que se erga sobre os seus muros de odio é moi perigosa, a carta enviada a un preso político, chea de agarimo, tamén é perigosa.

Senón fora todo isto sumamente perigoso ante os seus ollos, a santo de que me limitan a correspondencia a 3 cartas á semana??a santo de que ma reteñen e interveñen e me censuran as comunicacións?

Ah!! xa sei, en aras da “convivencia pacífica”, non? Señor Quintana? De que paz? Da dos cemiterios, señor Quintana? Ben, o Sr. Vicepresidente da Xunta é tamén responsable da vulneración dos meus dereitos como persoa.

E para mostra un botón:

DILIGENCIA DE NOTIFICACIÓN

Por la presente se pone en su conocimiento que una vez recibidos los informes del Centro Directivo no se considera conveniente la entrega remitida a usted por SEOANE VAZ, JOSEFA recibidas en este centro los días 20 y 25 de febrero de 2008.

Non vedes?? Seica as palabras tamén son perigosas!!

DILIGENCIA DE NOTIFICACIÓN

Por la presente se le notifica que la correspondencia remitida por usted a A.V.V. se le envía al Centro Directivo para su traducción y posterior curso, si procede.

E así podería seguir con todas as cartas que escrebo na miña lingua e as que recibo. O día 3 de marzo un colega de Cambados escribíume, chegou ao cárcere o día 6, despois da correspondente notificación, déronma o 22. Hai un mes, sei que dúas amigas me escribiron, aínda non me chegaron, si é que chegan claro. Cunha amiga solicitei autorización telefónica o 6 de marzo, aínda estou agardando...Cando ao resto de presos, son o único político do Módulo, tardalles menos dunha semana en recibir a autorización. E todo isto fano planificadamente , coa finalidade de incomunicarnos, de afastarnos de vós, de aillarnos da nosa xente.

E coas chamadas intercarcerarias cos meus irmáns tampouco teño tido moita sorte, o dia 12 de marzo tiña concedida chamada co meu irmán Paco, despois de tres chamadas ao cárcere de Valladolid, non puiden falar con el, ás 3 veces “alguén” cortou a chamada. Co meu irmán Suso si falei 3 minutiños (dos 5 aos que teño dereito), porque os outros 2 fixoo agargar o funcionario de turno, mentres eu agardaba a que sonara o telefono. Só podo falar con eles unha vez ao mes. 5 minutos ao mes. 1 hora ao ano. A ver se para abril non se me corta a chamada de Valladolid. Laguen preguntarase se non protestei polas chamadas de Valladolid, si claro, fixen Instancia ao Director protestando, pero unha cousa é denunciar e outra que che dean a razón, jejeje

Pero bueno, sempre nos queda o dereito ao pataleo, non?

Até aquí a denuncia, que non vos quero aborrecer. Polo demáis, por aquí sigo, tentando correr cada 2 días uns 20 minutos, aínda que até o de agora son bastante irregular, non sei, non sei, sempre teño algunha excusa jejeje.

Mais nada, nada, a partires da semana que ven prometovos que serei regular, eh!

Hoxe comecei a facer abdomninais no chabolo. Creo que xa vos comentei que no patio non hai ximnasio, os propios presos con paus de escoba e botellas de auga nos extremos, cheas claro, fixeron pesas e fan exercicios varios, mais a min non me gusta, porque alí están todos os “musculiños” e os do Leste, que son auténticas moles. Así que prefiro facelas na intimidade.

En fín, a primeira abdominal foi de escándalo, si si, a primeira e non foi porque non fora capaz de facelas, joder até aí chego! Apoiei os pés na cama de cemento e cando me dispuña a facer a primeira ao ancho, zas!!, menudo ostión que me dín na coronilla! Creo que o escoitaron en todo o módulo. Si, non calculei ben o espazo, entre o catre e a parede debe haber de ancho apenas un metro e medio, e outro metro de ancho do catre, aí tedes o ancho da cela. De longo uns 5 ou 6 metros. Despois de recuperarme da risa e de chamarme a mín mesmo “burro, burro, burro”, afortunadamente non había testemuñas, dispúxenme a facelas ao longo e aínda fixen, eh!

E estamos en marzo, é xoves, vai frío polo patio, dous gorrións se reparten as migallas de pan nun recuncho até que chega unha pomba fachendosa e faise co anaco mais grande, espantando aos gorrións, eu solidarízome inmediatamente con eles, claro, e segue sendo marzo e xoves....

era 6 de marzo de 1941. No libro de inscripcións da defunción do cemiterio do Leste, anotaron o nome e apelidos de 17 axuticiados, 16 homes e unha muller. Isabel Gómez Sánchez. Hortensia non figura na lista. O nome de Hortensia Rodríguez García non consta no rexistro de fusilados do dia 6 de marzo de 1941. Pero contan que aquela madrugada, hortensia mirou de frente ao piquete, coma todos:

-Viva a República!!!!!

E din e é certo, que unha muller achegouse aos caídos e axeonllouse xunto a Hortensia.

Levaba unhas tixeiras na man, cortoulle un anaco de tela do vestido que se puxera para morrer.

E pechoulle os ollos

E lavoulle a cara

“La voz dormida” Dulce Chacón

Era marzo de 1941, que non nos borren a memoria!!

E paseo polo patio, chamanme por megafonía, cartas!!!!. Unha da miña nai e outra dunha persoa anónima (dame no nariz que é dunha rapaza) mándame un conto de Nassir Ibrahim “O carnet de identidade” e ponme unhas letriñas

“gustaríame que souberas que eu tamén estou contigo

(...)

entalto e bikos”

Graciñas persoa anónima!!, seino, seino, que ti estás comigo e coma ti moitas persoas, esa é a nosa grande forza e iso é algo que non poden controlar, deter, parar, non poden, non.

Entalto...se non lembro mal, “en loita” en aragonés. Cantos recordos! Había un bar en Zaragoza que se chamaba Entalto, alí comíamos gratis todos os días os familiares dos presos políticos do PCE(r) e dos GRAPO que estaban en folga de fame, gracias á solidariedade dos colectivos daquela cidade.

Era xaneiro de 1990, eu tiña 17 anos, viaxo a Zaragoza onde xa está a miña nai, Hospital Provincial, os presos políticos xa van camiño de 2 meses en folga de fame. Unha habitación, dúas camas, nunha delas o meu irmán Paco, na outra Balmón. Achegámonos, e da impresión que levo ao ver ao meu irmán, teñome que sentar na cama de Balmón, e aguantar as bágoas como podo. Paco está esquelético e vestido co mesmo pixama do meu pixama, aquel pixama que vestira no hospital da Coruña, onde morría en xaneiro de 1989. Era a mesma imaxe, a mesmiña.

Días máis tarde, regreso a Coruña para receber ao meu irmán Suso que sae do cárcere e é trasladado en ambulancia ao hospital de Santiago antes de ser liberado, leva 56 días en folga de fame. Sae libre. Convoca unha reunión de colectivos na Coruña para apoiar a folga de fame que está ao límite, en febreiro Paco entraba en coma, logrando saír ao dia seguinte. Dous días despois da reunión, o meu irmán Suso, é secuestrado na rúa Entrepeñas polo Comando Omega dos GAL verde da Guardia Civil, o secuestro dura 18 horas e é torturado.

O xefe do operativo era o daquela Capitán da Guardia Civil Gómez Nieto, que foi ascendido. No ano 2001 era Comandante de posto no Cuartel de Lonzas da Coruña. Os que deron as ordes para perpretar o secuestro, o daquela ministro de interior José Luís Corcuera e Rafael Vera. O encargado de organizar ao comando dos GAL, Luís Roldán. Ningún deles foi nen tan sequer ao xulgado, claro.

A fogla de fame durou 435 días, aos 175 morreu Jose Manuel Sevillano “Sevi”

O único que reclamaban os presos políticos era o reagrupamento de todos eles nun só cárcere. Non llo concederon. Gobernaba o PSOE dos GAL, o mesmo PSOE que agora, que non nos vendan milongas!!

Dicía Mumia Abu Jamal, preso político afroamericano no corredor da morte, no seu libro autobiográfico que el collera conciencia cando indo pola rúa, sendo adolescente, varios policías brancos, sen previo aviso comezaron a mallar nel.

Eu collina con aquela folga de fame, tiña 17 anos e vinlle a verdadeira faciana á morte e á sinrazón ao Estado fascista e imperialista español.

Sigo paseando polo patio, a miña esquerda un anaquiño de pan, unha pomba fachendosa altiva, vai tranquilamente a polo seu obxectivo, lánzolle unha mirada de odio porque non me esquezo dos dous gorrións, faise co anaco de pan botase a voar. Nos meus beizos aparece un sorriso. Sempre hai un espazo para a risa, aínda que os muros sexan altos e grises, sempre hai espazo para a esperanza aínda que no horizonte máis perto todo sexan nubarróns, sempre hai espazo para a vida aínda que os verdugos da madrugada tenten impoñernos a súa escuridade, sempre hai espazo para o futuro, o que nos queremos viver, sempre!!!!

Un biquiño para todas e todos!!!!

Carlos Cela

PD: Hoxe é venres, xa me cago na semana santa! Contaba con 2 libros, un de “Introducción ao marxismo” de Henry Lefevre e outro sobre a Agrupación Guerrillera de Levante, pero como é festivo...ostiaputa xa!!!...xa fico sen libros toda a finde..menos mal que nos queda o futbol, jejeje. Mañá aí estarei pendente coa radio do Mallorca-Depor, ademáis que ás 20:00h xa estamos chapados nas celas, aparte de ser o único preso político, son o único siareiro do Depor, claro...

E en Semana Santa, aínda por riba, tampouco hai o meu programa favorito nunha emisora de Valdemoro, Antena Boreal, soen poñer música distinta, un día sorprenderonme co “No hay tregua” de Barricada, lembreime daquel venres no Faluya, cos Indar Gorri e todo o bar cantando a canción, eu lembrabame moito dos meus irmáns nese intre, foi moi emocionante.

Tamén pinchaban aos Gipsy Kings, “Hotel California”, jejeje, vaia risas. A presentadora chamase Laura Uria e xa estou por escreberlle contandolle que son un entusiasta do seu programa, jejeje

Por certo, saíume un chichón na coronilla......

Chuzame! chuzame -

Entre @s pres@s polític@s é princípio comum reivindicar a permanência em prisom com outros presos políticos, exigir o ‘desfrute’ dumha cela individual e nom partilhar esta com presos sociais, dadas as problemáticas de todo o tipo –adiçom às drogas, confidentes do cárcere, etc.- que traz aparelhada essa convivência em muitas ocasions. O militante comunista e activista galego do SRI Carlos Cela Seoane iniciou onte umha série de medidas de pressom dentro da prisom espanhola de Valdemoro (Madrid) em que está dispersado para exigir o respeito deste direito elementar a um espaço próprio.

Segundo informou ao nosso portal a mae do preso político galego, Pepita Seoane, e um porta-voz da assembleia que exige a liberdade de Carlos Cela, ingressado em prisom trás um suposto “operativo contra o Grapo” organizado pola ‘Guardia Civil’ em que fôrom detidos vários militantes políticos, o preso político galego ‘chapou-se’ onte na sua cela para exigir o seu direito a umha cela individual e nom ter que partilhar o espaço com um preso social asignado pola direcçom da prisom. O facto de ‘chapar-se’ supom umha negativa a saír da cela durante o tempo que dura a medida de pressom, renunciando também ao tempo diário de pátio.

A iniciativa adoptada polo preso político galego trás impor-lhe a direcçom de Valdemoro compartilhar a sua cela pode derivar na resoluçom do conflito que está na origem do protesto ou, se calhar, na imposiçom de medidas repressivas extraordinárias tais como o envio a um módulo de isolamento desde o módulo 6 em que se encontra neste momento. Informaremos nos próximos dias da situaçom do preso galego e convidamos mais umha vez @s leitores de ceivar.org a utilizar a escrita a prisom como arma solidária frente à repressom.

tirado de www.ceivar.org

Chuzame! chuzame -

(crónica tirada de www.ceivar.org)

   Os dias 27,28, e 29 de Marzo, a iniciativa da ‘Plataforma Asturiana contra a Repressom e polas Liberdades’ celebrava-se em Xixón o ‘Primeiro Encontro contra a repressom e polas liberdades’. No mesmo participárom multitude de organizaçons e pessoas de todo o Estado interessados em articular acçons unitárias contra a repressom. Apesar de que certos acordos alcançados podam ser discutíveis de um ponto de vista nacionalista e de defesa dum marco nacional de luita, é devido ao interesse da iniciativa, e à necessidade de conhecermos e analisarmos as respostas que se articulam contra a repressom em outras latitudes, que anexamos traduzida ao nosso idioma a resoluçom geral aprovada neste encontro para ser valorizada polas nossas leitoras e leitores.

RESOLUÇOM DO “PRIMER CONCEYU ESCONTRA LA REPRESION E POLES LLIBERTADES”.

1. MANIFESTO GERAL:

Desde que a princípios da década dos 90 do Século XX alguns e algumhas afirmassem a fim da História e o trunfo do modelo neoliberal a escala mundial, o recurte de liberdades e direitos democráticos foi crecendo em todo o mundo. A escusa do Terrorismo foi a principal coarctada para ir impondo gradualmente reformas legais e modelos de convivência a cada menos democráticos e participativos, a cada mais cercanos a um fascismo democraticamemte edulcorado. Simultaneamente, propostas económicas tendentes a desmantelar o chamado ‘Estado do Bem-estar’ permitírom umha flexibilizaçom extrema do chamado mercado de trabalho e umha perda constante de direitos sociais, com o conseguinte aumento da insegurança pessoal, do medo e, portanto, da auto-repressom. Evidentemente, ditas políticas tivérom resistências importantes, articuladas tanto do campo político, sindical, vizinhal, ambientalista e de outros movimentos sociais emergemtes, mas a resposta dos estados foi umha repressom preferentemente selectiva e a cada mais destacada contra toda pessoa ou colectivo que se atrevesse a dissentir do modelo vigente.

Na chamada Uniom Europeia fôrom-se articulando mecanismos legais tendentes a assegurar novas formas de organizaçom estatal nos que a participaçom cidadá é a cada mais distante. Desde o Tratado de Maastrich à mal chamada ‘Constituiçom Europeia’, passando polo Grupo de Trevi ou o Convénio Schengen, a história dos últimos vinte anos vem marcada por um aumento do poder de repressom dos estados, a cada mais autoritários, e por umha limitaçom maior já nom só dos direitos de participaçom democrática mas de outros direitos como os de Greve, Reuniom ou Manifestaçom, incluso direitos individuais como os que regulam as formas de detençom ou o acesso à Justiça. Nem que dizer tem que fenómenos como a ilegalizaçom de organizaçons políticas da esquerda em distintas áreas de Europa som mais um passo nesse modelo reaccionário. Neste processo os estados pugérom-se a cada mais ao serviço do capital e da mentira do mercado, pois este está a cada mais submetido ao poder duns poucos e poucas, contra os interesses da imensa maioria da populaçom.

O estado espanhol nom podia ser alheio a dito processo, e tanto os governos do PP quanto do PSOE, com o acordo em muitas ocasions de outras forças políticas, incluidas algumhas da esquerda, nom duvidárom em reformar o Código Penal, a Lei de Enjuizamento Criminal, promulgar a Lei de Partidos, etc.,... para articular toda umha bateria de medidas que lhe permitam punir com dureza àqueles que protestem, em qualquer forma, com umha sociedade onde os ricos som a cada mais ricos e os pobres a cada mais pobres e onde se negam os direitos humanos individuais e colectivos básicos. No Estado espanhol o PSOE jogou um triste papel como um dos desenhadores mais eficazes dessa política. Mas o mais escandalizador de todo o processo é ver como frente à mao dura para dirigentes políticos, sindicais, populares ou vizinhais, assi como aos movimentos mais combativos, se tem umha permissividade altíssima para com as organizaçons neofascistas ou frente ao revisionismo histórico que pretende relegitimar o Franquismo encerrando o círculo da Transiçom. Nos últimos tempos a repressom contra o emergente movimento republicano, os juízos a jovens independentistas ou a meios de comunicaçom como ‘Egunkaria’ ou “El Jueves”, ou o macro juízo-farsa do 18/98 marcárom um novo salto avante em dito processo. Nos últimos tempos também pudemos ver como a legislaçom antiterrorista se aplicou de forma indiscriminada sobretodo à cidadania cujo único delito é discrepar contra o sistema imperante. Em concreto o processo 18/98 é umha das mostras mais palpáveis de como se convertem em ilusórias as garantias jurídicas, que até nom há muito eram símbolo do chamado ‘Estado de Direito’, em aras de consolidar um modelo de estado e de governo a cada menos democrático, no qual as garantias formais do estado liberal se esvaziam a cada mais.

Também em ámbitos mais modestos se visualizam exempos claros de repressom. Em concreto, no ámbito municipal a utilizaçom de todo tipo de ordenanças ou bandos municipais para perseguir a dissidência, mediante o recurte fundamentalmente da liberdade de expressom, se está a converter numha prática habitual. O movimento vizinhal critico e nom domesticado é outro dos que a cada mais está no punto de mira do poder, fundamentalmente pola sua crítica aos modelos especulativos que dia-a-dia se desenvolvem no estado espanhol.

A repressom e a precariedade, umha outra forma de repressom, cevam-se com dureza entre a populaçom imigrante. Sobre a base dumha legislaçom de estranjaria, no ámbito estatal e europeu, claramente vulneradora de direitos fundamentais, que ajuda à propagaçom do racismo e a xenofobia, se generalizam detençons e deportaçons ilegais, desamparo de menores, redadas policiais abusivas e sem justificaçom, e todo tipo de práticas encaminhadas à criminalizaçom da inmigraçom.

Os tempos que venhem nom parece que vaiam ser melhores. Ante a crise económica que se está a produzir as respostas que do poder se preparam son as de sempre, mais receitas neoliberais e, para lograr a sua aplicaçom, mais repressom. Isto coloca-nos ante umha situaçom difícil onde se nos plantejam novos reptos aos que devemos saber dar resposta.

2. Frente a toda essa realidade o movimento operário, a esquerda transformadora, os movimentos progressistas, e em geral todas as forças democráticas, e em particular os movimentos e organizaçons alternativos e anti-globalizaçom, nom estivemos suficientemente atentos, sendo incapazes na maior parte dos casos de compreender a realidade do que estava a passar. É certo que houvo respostas e mostras de solidariedade com muitas pessoas que sufriam a repressom (o caso Cándido e Morala é um dos mais significativos), mas esta foi fragmentária, muito descoordenada, discontínua no tempo. Fumos incapazes, frente a um inimigo comum que persegue, em maior ou menor grau, o conjunto da dissidência política e social, de ultrapassar a compartimentaçom, por vezes maniqueia, dos casos de repressom e, aliás, das luitas, de articular tanto um discurso anti-repressivo minimamente homogéneo e global, quanto de consolidar projectos e movimentos capazes de permitir recuperar o terreno perdido nos últimos anos. Nom passamos da defesa pontual frente aos ataques, e em muitos casos dita defesa nom foi suficientemente unitária, nom chegando a compreender que todos e todas podemos ser objecto da repressom em qualquer momento.

As organizaçons e colectivos participantes neste Encontro consideramos absolutamente imprescindível ultrapassar essa realidade articulando, da base da nossa heterogemeidade e, portanto, da necessária descentralizaçom e horizontalidade, por umha banda, a criaçom dumha rede de solidariedade estatal anti-repressiva e, por outra, a articulaçom de respostas estatais e unitárias frente à repressom. Estes dous elementos som, ao nosso juízo, fundamentais para gerar a necessária resistência frente à repressom assi como para ir desenvolvendo os vímbios necessários de colaboraçom e de coordenaçom para que sejamos capazes de “dar a volta à tortilha” modificando a realidade social face um modelo mais democrático, justo e igualitário, alternativo ao vigente sistema capitalista ou o que é o mesmo, comprometemo-nos a dar passos para ir tecendo umha rede de solidariedade e colaboraçom, que mediante diversos mecanismos a ir construindo, permitam dar, em primeiro lugar, respostas unitárias no conjunto do estado à repressom, e em segundo lugar, possibilitar a articulaçom de iniciativas e campanhas que permitam ir recuperando, quando menos, o terreno perdido. Essa articulaçom deverá ultrapassar as fronteiras das naçons e dos estados, muito em particular no ámbito da Uniom Europeia, se queremos que realmemte a nossa resposta passe da testemunhalidade à eficácia.

Assumimos, em definitiva, a máxima de que a melhor forma de combater a repressom é seguir luitando contra as suas causas e acumular forças para passar à ofensiva e inverter a realidade vigente. Nom podemos abandonar as luitas quotidianas, nos distintos ámbitos, pois se o figéssemos a repressom teria logrado o seu objectivo. Nom podemos levar a cabo luitas anti-repressivas à margem da luita por outras reivindicaçons, senom que devemos lograr que a luita anti-repressiva seja transversal a todas essas luitas, denunciando a mesma desde qualquer campo de confrontaçom com o poder. É a hora de deixar de falar da unidade e começar a trabalhar pola unidade. Um trabalho árduo, nom isento de enormes dificuldades, mas imprescindível começar a realizá-lo já. As diferenças legitimas, próprias da pluralidade, em muitos casos som totalmemte secundárias, polo qual devemos lograr por diante o que nos une por cima do que nos divida, e lograr gerir as nossas diferenças de forma que nom ponham em risco os níveis de unidade que se vaiam alcançando. Umha unidade que se deve construir desde a base, desde o trabalho quotidiano e a participaçom mais ampla possível, ultrapassando experiências de unidades cupulares que só servírom para ser garantia da nossa derrota.

Partimos dumha situaçom muito difícil, mas a necessidade, como em outras ocasions históricas, deve converter-se em virtude, onde o esforço conjunto e a generosidade mútua, se fagam imprescindíveis para inverter a situaçom actual, do contrário fará-se de novo realidade o poema de Bertold Brecht, e quando venham por algum de nós quiçá seja demasiado tarde.

3.- PROPOSTAS CONCRETAS:

1º- Criaçom tanto dumha listagem de correios, direcçons e outras formas variadas de comunicaçom mútua, assi como potencializar através de Internet a transmissom de informaçom, o debate e a coordenaçom, em particular gerando espaços concretos em cada umha das webs dos distintos colectivos e organizaçons, com un logo identificativo comum que trate este tema, propondo-se o utilizado pola “Plataforma Asturiana”. Isto deveria complementar-se con a criaçom, a meio prazo, dum OBSERVATÓRIO DA REPRESSOM, que permita conhecer, estudar e difundir as diversas expressons da mesma, e aprofundar nas medidas alternativas que se podam propor. Isto permitiria dar umha imagem de resposta unitária às medidas repressivas que podam ajudar a avançar numha mais efectiva resposta colectiva.

2º- Instar aos colectivos e organizaçons à unidade de acçom em cada um dos territórios: naçons, nacionalidades ou autonomias.

3º- Impulsionar a análise, o debate, a denúncia, a difusom e a resposta a quantas agressons sufram o movimento sindical, juvenil, cidadám e popular.

4º.- Contactar com aquelas organizaçons e colectivos existentes dedicados à defesa dos direitos individuais e colectivos.

5º.- Desenvolver umha CAMPANHA, face o último trimestre do ano 2008, que permita, por umha banda, utilizar certos elementos de propaganda e denúncia comum, incluindo um rechaço global à actual situaçom, e por outra, organizar acçons de luita, no marco geopolítico que corresponda, em datas comuns.

6º.- Comprometer-nos a coordenar respostas descentralizadas à repressom, a qualquer agressom, seja esta física, jurídica ou mediática (detençons, juízos, multas, sançons diversas etc.,...), ou ante qualquer normativa legislativa, que pretenda repremer a a dissidência, o movimento obreiro ou social. A transmissom da informaçom deve ser ágil para permitir que a resposta seja imediata e que nengumha agressom fique sem resposta.

7º- Em línea com o anterior será também necessário aprofundar em análises colectivos mais profundos e em articular mecanismos unitários, como podem ser INICIATIVAS LEGISLATIVAS POPULARES OU MOBILIZAÇONS, que nos permitam passar à ofensiva recuperando o terreno no campo das ideias, dos direitos democráticos individuais e colectivos.

Articular para o ano 2009, umha Campanha em favor de:

- Iniciativa Legislativa Popular para a modificaçom do Estatuto dos Trabalhadores rumada à supressom do Despedimento Livre: Despedimento Improcedemte=Readmissom.

- Derrogaçom da Lei de Segurança Cidadá, de Estranjaria, de Partidos e da legislaçom antiterrorista (no sentido de eliminar a prórroga dos dias da detençom, a nom assistência letrada con advogado de confiança, a nom comunicaçom aos parentes do lugar e motivo da detençom). Assi como a disoluçom da Audiência Nacional. E eliminaçom da listagem europeia de pessoas e organizaçons denominadas terroristas.

- Despenalizaçom dos tipos penais seguintes: atentado a agentes da autoridade, resistência e desobediência, desordens públicas, contra a coroa e a denominada ultragem a Espanha, contidos no Código Penal.

- Instalaçom de câmaras de video em dependências policiais, a fim de previr os maus tratos e torturas às pessoas detidas.

- Denunciar o projecto de Tratado de Lisboa da Uniom Europeia e toda a legislaçom repressiva, antidemocrática e neoliberal que desde a Uniom se está gerando.

8º- Elaborar um estudo jurídico conjunto que possibilite umha resposta jurídica comum.

9º.- A repressom vem muitas vezes aparelhada dum perjuízo económico e patrimonial para o que é necessário um desembolso monetário por parte de quem a sofre, por isso é necessário seguir potencializando mecanismos de solidariedade financeira e económica para também de forma colectiva fazer frente a estas situaçons, evitando que se deixe de luitar por medo a enfrentar-se a ditas consequências económicas repressivas.

( http://www.ceivar.org/principal.php?pagina=nova&id=855 )

Chuzame! chuzame -

O jornal Diagonal, publicava no seu número da semana passada um artigo sobre a montagem policial na que foi detido o nosso companheiro Carlos Cela.

(diagonal nº 74-20 de marzo)

Marlaska mantiene en prisión a los detenidos del SRI

Sergio A. de Neira y Alvar Chalmeta. A Coruña / Redacción

Recientemente el juez de la Audiencia Nacional, Grande Marlaska, ha rechazado el recurso contra su decisión de encarcelar a cuatro miembros de Socorro Rojo Internacional (SRI), una red de apoyo a presos políticos.

Acusados de “actividades de propaganda, financiación, captación, proselitismo, formación, relaciones internacionales y obtención de información” los hechos que el auto de Marlaska les imputa son básicamente su colaboración con páginas web o revistas y sus actividades de apoyo a presos. La petición de libertad –las defensas consideran que el encarcelamiento de personas con una actividad pública y conocida hasta que se celebre el juicio no está justificada– ha sido rechazada. Esperan que el recurso ante una instancia superior dé mejor resultado.

El 23 de enero pasado, en una espectacular redada ordenada por Marlaska, la Guardia Civil detenía a cinco personas en Madrid, Galicia y el País Vasco. Entre los detenidos se encontraba el histórico abogado de presos del ilegalizado PCE(r) y del GRAPO, Juanma Olarieta, así como José Luis Fernández González, un miembro de este grupo armado que quedó parapléjico en 1980 tras recibir un disparo en la espalda durante una persecución policial y que hasta el año pasado vendía cupones de la ONCE en Vigo. Además fue detenido Carlos Cela Seoane, conocido en A Coruña por su faceta solidaria y por regentar un bar estos dos últimos años y cuyos dos hermanos están presos por vinculación con los GRAPO y el PCE (r). La Guardia Civil se llevó también a Erlantz Cantabrana y al ex-preso Fernando Rodríguez Blanco. Todos se encuentran en prisión preventiva, salvo Fernández González al que, dado su delicado estado de salud, el juez dejó en libertad provisional bajo fianza de 12.000 eurosa los tres días de su detención. En una nota el SRI reconoció que recauda dinero “sí, dirigido a cubrir las necesidades de los presos y presas políticos en las cárceles” y denunció “una campaña criminalizadora contra nuestra organización”. Allegados de Cela añadieron otra explicación a las detenciones: “dado el despliegue desmedido en la detención, acompañado del impacto mediático, existe la sospecha de que estas detenciones formasen parte de una estrategia preelectoral, para dar una imagen de firmeza”.

Por su parte Endika Zulueta, abogado de cuatro de los detenidos, explica: “El juez considera que SRI es una parte más de lo que él llama ‘entramado PCE(r) - GRAPO’, por tanto formar parte de SRI, aun dentro de la legalidad implica, de acuerdo con esas tesis, pertenecer a este entramado ‘terrorista’. Pudieran estar buscando un paralelismo judicial similiar al de Gestoras Proamnistía”. En A Coruña se está llevando a cabo una campaña de apoyo y denuncia de la situación de Cela. Sus allegados y personas vinculadas a distintos movimientos sociales han organizado varias manifestaciones, la última recorriendo su barrio. Otro tanto está ocurriendo en las localidades de los otros detenidos.

— - “Derecho penal de autor”
Para Endika Zulueta, abogado de cuatro de los cinco detenidos “nuevamente se aplica el derecho penal de autor. Se les imputa la pertenencia a ‘banda armada’ no por lo que hacen sino por lo que son, miembros de Socorro Rojo Internacional (SRI), y aunque estuvieran realizando actividades dentro de la legalidad”. Y “ninguno estaba en la clandestinidad, ni tenía documentación falsa, dinero ni armas... eran personas con actividades públicas y muy conocidas. Carlos Cela está en actividades de solidaridad con los presos porque tiene a dos hermanos en la cárcel. Ayuda a su propia familia. Fernando Cantabrana está gravemente enfermo y Fernando Rodríguez es electricista. Olarieta es abogado de presos muy conocido en la Audiencia Nacional. El riesgo de fuga de todos ellos es inexistente”.

Ahttp://www.diagonalperiodico.net/spip.php?article5664SergioProposta

Chuzame! chuzame -

    Carlos enviou-nos esta nova carta desde Valdemoro relatando á gente da assembleia pola súa liberdade como foi o momento da detençom e posterior traslado a prissom.

Para quem estiver interessado lembrar que a próxima juntança da assembleia pola liberdade de Carlos será o 24 de marzo pola noite no Faluya.

 

 

 

                                                                                                  Valdemoro 5 de Marzo de 2008

 

 

Olá xentiña da asamblea!

 

            Andaba eu matinando polo patio cando me decatei que non vos escrebera ainda nada sobre a miña detención e as estancias nestas casas. Sabedes o que pasa? Que escribín a tanta xente que me esquecín de vós, mil perdóns!!

            Tanto escreber de min que estaba un pouco aborrecido, mais convosco teño unha gran débeda por todo o que estades a facer, moitas graciñas por todo.

            En fin, agardo que vos sirva, fixenno coa intención de que vos sirva para o blogaliza.org ese que estades montando. Xa me diredes. Se podedes, pasadeo a castelán e llo mandades ao Comité de apoio en Catalunya, eh? Asi me aforrades unha cartiña, vale?porfa!!

            Estou a vosa disposición, calquer cousa que pensedes de min aquí estou (bueno jejeje, manualidades non por favor!!jejeje)

            En fin, biquiños para todas e todos! Se non é moita molestia mandade fotos das reunións para ver as caras amigas, das festas e dos findes!! e do mar!!jejeje

            Agora sí, un biquiño moi grande!

Coidarvos! Graciñas!

 

 

 

“ Terédelo ouvido. Din que as mantas da DGS son lúgubres e suxas, cheirentas sempre. Que apestan a suor, a baba seca e a todo tipo de excrección humán. Que entre os seus ásperos pelos tan escuros pululan abundantes parásitos ao acecho da moral mais vivinte e axeitada…            (…)

 

            Entraba alí, liberadas xa as mans do grillete. Ollaba arredor buscando algo naquel mundo tan agreste e o complexo, perdida naquela desolación cósmica do ser acorralado, e tendíame amodo sobre o chan e me enrollaba con gusto nesa manta e sentia, ao facelo, un agradecemento infinito daquela compaña. Eu non sei, mas discrepo da opinión xeral. Son cousas raras, sentimentos que se lle fixan a un. Deitábame alí, dábame media volta, sen noxo algún, xurovo-lo, sen notar en absoluto esa aspereza. Todo era por fin suave, protector, cálido…”

 

                                                            “Una extraña aventura”. Eva Forest.

 

 

Lendo este relato da manta da DGS de Eva Forest, lembreime da “miña” manta si, marrón, suxa, usada… mas peor era o colchón onde tiñas que recostarte, iso sí estaba porco!. Mais non deixei de acostarme e abrigarme con esa mantiña, tentando durmir todo o posible (mentres durmias nom pensabas) sen saber se era noite ou dia, había unha luz acesa que nunca apagaban. Sacándome de cando en vez para ir declarar, sempre saía cos ollos tapados. Negueime a declarar, negueime ao recoñecemento fotográfico, negueime as probas de ADN, non asinei nada… dúas veces ao meu carón, un avogado de oficio un día e unha avogada ao seguinte, e eu pensando que non podían ser avogados e que eran de eles!

 

            Acurrucado naquel camastro viñanseme as imaxes. Cómo se me botaron enriba e esposaron, a cara da miña nai que acababa de sair da súa habitación. A lectura de dereitos, que ironía! O roubo, (porque non se lle pode chamar de outra maneira) das miñas cousas. Todos os libros de Marx, Lennin, Mao, Stalin; coleccións enteiras de Txalaparta; poesías orixinais escritas a man do meu irmán Paco, “oiga que iso son poesías!…” , “da igual” respostaronme. Toda a colección de pegatas, cartas persoais, as facturas do bar!!! Os contratos das máquinas expendedoras! Fotos, moitas fotos. Sete horas esquilmando os nosos recordos, a nosa memoria (hai que lembrar que en Vigo levaron os libros da Comuna Carlos Marx da cadea de Soria). Recordos que para eles son coma trofeos de guerra e coma botín de guerra; coma voitres foron polos petos de Ceivar e SRI no Faluya.

 

            Imaxes coma a de Pepita na cociña, eu na entrada da casa, a piques de sair, a porta lixeiramente aberta, ela erguendo o puño, susurrándome  “coa cabeza alta”, ese foi o único contacto con ela durante as 7 horas, seica estaba incomunicado xa.

 

            A piques de sair, no seu nerviosismo “que cantidad de gente hay abajo, a taparse todos!”. Un deles ofréceme taparme coa carapucha ao que resposto que eu non teño nada que agochar. Xa no portal, a cantidade de xente na rúa, os cámaras, fotógrafos… e ti estás moi canso, 7 horas case de pé, esposado nas costas, mans doridas, o hombro dereito dóeche… pero da igual, algo te sube polo corpo, unha voceciña que che di “veña Carliños, agora a sorrir mecagoendios!” que nunca nos borren o sorriso dos beizos…

E asi saio, miro a dereita, a esquerda e de fronte! Os Chemaris, as Vanessinhas, Marquinhos… dando berros de ánimo, mellor imposible!!

 

            As imaxes do Faluya, como rouban os petos, mirando as pegatas, a decoración, e eu dando voltas, quedándome cos recordos, tantas horas e tantas historias alí vividas, despedíndome do Faluya a miña maneira, sen prestar atención ao que fan os voitres. A rúa cortada, as caras dos donos e cociñeiros do restaurante vegetariano (“problemas?, ningún, todo o contrario”, graciñas). O circo que montaron. Saida do Faluya e para a miña sorpresa alí están os Davides, os Danis, os Tones … berrando, impresionante.

 

            No coche outra vez, incómodo coas mans atrás, un Patrol abrindo camiño coas sereas, chegamos a un sitio de Mediciña Legal de Os Castros, eu pedira forense, desposáronme, as mans moradas e moi hinchadas, “pero hombre, si te apretaban haberlo dicho” non resposto pero penso que esa é a miña actitude, non queixarme, non decir nada. Esposaronme coas mans diante e marchamos a Madrid, toda a viaxe encarapuchado. Poñen o parte da Radio Galega, entérome das demáis detencións, deixan uns minutiños e, qué sorte! Podo escoitar unha das miñas cancións preferidas: “A Historia é nosa” da Matraca Perversa. Sorriso nos beizos, esa canción acompañame todo o traxecto na memoria e nos calabozos da DGS.

 

            A mesma canción que tarareo na cela de aillamento, a cal chego despois de estar tres días no Módulo 1 de Soto del Real. Tres días compartindo cela con outros dos detidos, o avogado Olarieta e compartindo charlas con dous compas vascos, mas só tres días. Ao terceiro lévanse ao meu compañeiro de conducción e fico só. Coma nós, por principio, negámonos a compartir cela con presos sociais, levanme a aillamento. Eu duro en Soto un día mais, o venres lévanme a Ingresos para sair o sábado de conducción. O suficiente para que a miña nai, agradando na sala de espera de Comunicacións, néguenlle a visita. Tres días nos que saboreo ainda a primeira visita con Pepita, emocionante e chea de sentimento. Tres dias só cun compañeiro, política de dispersión, Fernan en Soto, Olarieta en Navalcarnero, Erlantz en Meco e eu en Valdemoro.

 

            Chegada a Valdemoro, en Ingresos entérome que está o meu amigo, David Garaboa, no Módulo 6. E alí me levan despois de estar catro días en Ingresos. Chego ao Módulo 6, comezo a buscar na sala de fumadores, na de non fumadores, non o vexo. Recorro o patio nervioso e alí está! Paseando con outro home, O David! Non me ve, achégome por detrás e lle digo: “qué, seica non saudamos aos amigos?”. Dase a volta, sorpresa, unha grande aperta, case o machaco… Cóntame os problemas, obriganno a compartir cela cun preso social, plantes, chapeos, unha semana de folga de fame…  agora solucionase, xúntannos aos dous na mesma cela. Compartimos recordos, risas, inquedanzas durante case un mes. Tiña xuizo, mais coma a súa defensa era o avogado Olarieta, supéndese. Volve telo o 25 de Febreiro. Gaña a batalla xudicial e política, declarase militante do PCE(r), non logran probar o vencello entre o  PCE(r) e os GRAPO, mais da igual, o Tribunal Supremo sentenza que a banda armada PCE(r)-GRAPO existe e xa está. A petición fiscal era de 14 anos e o condenarán a 14 anos, así funciona a xustiza española. Coma diría Anjel Elkano, compa vasco da Mesa Nacional de Batasuna, que puidemos disfrutar da sua compaña unha semana: “gañamos todos os xuízos, mas perdemos todas as sentenzas”.

 

            Volto a ficar só, política de dispersión, son o único preso político do Módulo, agora o único FIES-3. Seica sónche moi perigoso, por iso me restrinxen as cartas (tres a semana) interveñenme as comunicacións, non podo sair ao polideportivo, nen ir as clases fora do Módulo…

 

            En Soto, para xustificar estas medidas argumentan, nun papel que te entregan, entre outras cousas, o seguinte:

Por:

  1. “La capacidad criminal y la peligrosidad del interno, patente en los delitos cometidos (terrorismo) por los que actualmente se encuentra preso”.  

 

Capacidade criminal?? Ainda estou agradando que veña o médico especialista a tomarme as medidas da cabeza…

 

E en Valdemoro é así:

 

  1. “Vinculación con banda terrorista, sin que existan signos inequívocos de abandono de sus fines y medios, ni declaración expresa de la violencia, ni colaboración con las autoridades…”

 

Acúsanme de pretenza a banda armada e colaboración, claro. É o que dín eles. O

Auto de prisión, redactado na súa maioría pola Garda Civil, sen probas, sen acusacións concretas, non lles fai falta.

 

            E aquí ando, polos Valdemoros, facendo algo de deporte, sí,sí incrédulos, dios qué xente!! Lendo moito, escrebendo a toda a peña a pesares da limitación, paseando polo patio, intuíndo os atardeceres, mirando para o ceo e ver coma as nubes van mudando de tonalidades, de cores. Érgome pola mañá as 7.30, reconto as 7.45, sentado vendo pasar os coches, os Cercanias, ollando a Pinto ao lonxe…

 

            Deitado na noitiña, coa luz acesa lendo “La voz dormida” de Dulce Chacón, ollando as fotos do meu velliño, das faixas penduradas, das fotos dos xornais coa do 24 de Xaneiro, vendo os Meixides, aos Xans, aos Tones, aos Valencianos, aos Barragáns, aos Narcos…: que ledicia ver as caras amigas! As fotos do Faluya, cos Davide, Txiki … Ollando, esta vez sí, un atardecer na praia de riazor, preciso, con globo incluido, graciñas parella!

 

            Escoitando música, deitado, mirando para o teito e intuindo as estrelas, soñando coas vosas caras, dos Brigadas, dos Sergios, os Oskaritas, os Diegos, Aidas, as Irias, as Lauras, das Sofias… sorrindo por dentro e por fóra, lembrando tantos momentos que non nos poderán roubar fagan o que fagan, porque van na memoria e no corazón. E quen lle pon cancelas ao corazón??

 

            Lembrando os momentos xa vividos aquí dentro, cando nos levan ao Módulo1 de Soto, cargado co macuto, deixando aos catro de Markina, catro rapaces detidos por kale borroka, párome, doume a volta e levanto o puño e, ao lonxe, os catro saltando, erguendo o puño! A aperta dada ao meu compa Olarieta cando o levan de cunda, as apertas que me dan os dous compas vascos cando me levan a aillamento. A despedida co David, no chabolo, intima con varias apertas, fortes, contendo as bágoas coma podemos (que somos uns duros bolches, pois mira ti que parvada). A outra despedida, xa abaixo, diante do inimigo, con sorrisos e puños en alto, alá o vexo marchar, co macuto nas costas, alonxándose polo corredor…

 

            Sentado no chabolo, son as 15.00, abrennos as 16.00, ceamos as 19.30 e nos chapan as 20.30.Sentado, picándome o sol na cara, vendo pasar un Ibiza negro e o entrañable Cercanias (o txukutxuku) mirando as nubes, voltando a sorrir e lembrando as verbas que lle dixo un compa vasco ao David cando se despedía aquí  en Valdemoro: “Que non nos cambien David!!”

 

            Por iso colegas, que non nos cambien nunca!! Estou, sinxelamente, orgulloso de formar parte de vós.

 

            A Historia é nosa e o futuro depende de cada un de nós.

 

            Dentro e fóra Resistencia! Unha aperta solidaria.

 

 

P,D: E é rotundamente falso que teña rematado cos pastelitos do economato, e o leite condensado, que conste en acta!.

 

 

           

Chuzame! chuzame -