Phoenix Criminal Lawyer

Archive for the 'Sen clasificar' Category

venres, outubro 24th, 2008

Após 9 meses de seqüestro, o preso político galego Carlos Cela Seoane foi posto em liberdade ás 21h de hoje.

AMANHÁ ÁS 21H RECEBIMENTO POPULAR NA PRAÇA DAS CONCHINHAS!!

tod@s co Carlos!!

a luita continua !!

Chuzame! chúzame -
martes, setembro 23rd, 2008

Recordade que podedes escrever a Carlos a:

Prisión de Madrid III

Carretera Pinto-San Martín de la Vega, kilómetro 5

28340-valdemoro madrid

<!--more-->

Valdemoro 1 de Agosto do 2008

En fin, xa estamos a finais de xullo, o cal é sinónimo de calor abafante, de agobio; pedin-lle a unha amiga – moi boa amiga- por teléfono que me mandase umha piscina plegable para ponher no chabolo, de 4 ou 5 m2, mais longa que ancha porque a anchura da cela xa se sabe… mais non é posible, agg! E eu que xa me vía no chabolo, sentadiño na piscina, chapoteando cos patiños de plástico… mais os patiños tampouco pasarían porque fomentan o riso e xa se sabe que o riso é subversivo.

Pero bueno, lévase o mellor posible, de todos os xeitos aquí a imaxinación non falta e hai xente que ten aparellos en plan "ar acondicionado artesanais", claro, cartón que se saca pola fiestra, amárrase e fai de especie de abano cando sopra o vento (que eu nom sei porqué pero entre pinto e Valdemoro sopra bastante, as veces lémbrame a Corunha) sobre todo para as noites, para poder durmir, eu nin o intento xa que me coñezo e son moi patosinho! De todos os xeitos eu para durmir non tenho problemas, aquí a maioría da xente precissa pastillas para durmir, o cal é unha jodienda máis engadida a de estar preso, se non pegas ollo…. Eu non teño problemas e se non preguntádelle ao David. Cando estivemos xuntos, polas noites puñamos as novas e tertulias na radio e me dicía, (xa que eu estaba no catre de abaixo): "cando vexas apagas" i eu respostaba moi serio: "si, si tranquilo que controlo". Aos 5 minutos já estaba durmindo… e o pobre David tinha que fazer verdadeiros esforzos para achegarse co brazo e apagala.

E polo demais, aquí sigo co meu plan perfectamente estudado de "exercicio popular prolongado" con reveses de vez en cando, como o da saída en liberdade baixo fianza do alicantino, o rapaz co cal corría cada dous días. Dende que se foi estiven un par de semanas que apenas corrín e non foi porque non baixara preparado!! Todas as mañás alí estaba eu cos meus pantaloncinhos curtos, a camisola do Dépor, os tenis anti-cemento desposto a comerme o mundo (é dizer, os m2 do patio claro) isto tamém implicaba unha sesión de autoconvencemento no espello do chabolo, cinco minutos antes de baixar, con cara de mala oxtia e gruñidos de can incluidos, pero nin por esas. Chegaba ao patio e nada.

Un día estaba correndo, levaba unha volta ao patio, o sol caía a saco, o vento debía ser africano…. E alí estaba eu só, contra os elementos, unha pinga de suor xa me comezaba a baixar polo naris… non sei se polo esforzo ou polo agobio de pensar que ainda me quedaban tropecentos minutos e de súpeto vexo, aló no fondo, un colega cun vaso de plástico en alto, dando saltiños e berrando: "Carlos toma un cortado!!" Miro o reloxo, 42 segundos, un pasiño… "me caguentó por unha vez que empezo!!", outro, 43,44 segundos… o colega segue dando saltinhos co vaso e fumeando aló no fondo… a miña conciencia dime que non podo parar, que xa está ben que non pode ser…, pero ao final paro aos 50 segundos. O cortado inicial convértese en tres mais e xa non ía correr con 4 cortados no corpo, non si?

Total, ao final sempre ía as duchas cunha sesación de derrota, cabeza gacha dicíndome "pero que pouca forza de vontade tes, que pouca…". Agora xa vai ser todo moi mo distinto, fixenme colega dun francés, un atracador de furgóns blindados, un tío moi serio. Ata correr con él polo patio dame un "prestixio socio-talegueiro" no Módulo que pa qué…, eu que mais bem pasei bastante desapercibido, aquel que todo dios se preguntaba que qué facía aquí, que se notaba que era a primeira vez… en fin, aquel… agora corro co francés e xa parezo outra cousa, jijiji…

Corremos todos os dias menos os findes que se poñen a xogar ao fútbol e non se pode. Fazemos 40 minutos e ao ritmo que levamos parece ser que fazemos 7 km diarios. Quen mo ía dizer!!

O calor trae tamén estos agobios, coma se a xente tivera menos paciencia para todo, hai mais pelexas, no derradeiro mes levaremos 4 ou 5, a ultima bastante importante entre marroquís e rumanos, todo por débedas de cartos, paquetes de tabaco, tarxetas de teléfono… trapicheos varios, o mundillo dos presos sociais, do cal estou totalmente afastado, evidentemente non entra para nada no noso conceito de vida. O debate de que "todos os presos sociais tamén son políticos" non se sostén aquí dentro, só hai que ver como está un patio, só hai que estar un mes nun Módulo para comprendelo; a práctica é a práctica.

De 143 pessoas que hai normalmente neste Módulo lévome bem cuns 12, os seis Galegos, o "avó vasco", cun xitano, outro alicantino, o francés, algúm rumano e con varios nixerianos, mais bem porque lles fago as instancias e os recursos, non porque nos entendamos; eles a parte do seu idioma falan inglés e o meu inglés… cando deixei a folga de fame dous deles, que son os veciños de cela, deixáronme 8 natillas, foi todo un detallazo!!

Co resto da xente, moi pouca ou nula relación porque non paga a pena, e confianzas as xustas; xa me acostumei a dicer que Non, Non teño, porque a lista de pedichóns é interminable. Eu que sempre facía favores antes de coñecer a xente, agora coñezo a xente e depois fago favores, os xustos. Ademais coa xente coa que me relaciono e da clase de xente que non pide favores, mellor así porque dos outros escapo. Un día é un café, outro unha cocacola, un paquete de tabaco, unha tarjeta de teléfono…. Onte mesmo, negueille a un unha chamada, era a movil, 1.50€, sinto-o moito pero já me fartei de fazer favores, que ao principio sí que os facía. E o que ten! Se non tivese esta cara de boa persoa, de parvo… tamén hai outras "consecuencias" en forma de agasallos. O outro día foise un inglés en liberdade baixo fianza, era evanxelista e deume de recordo unha Biblia, bon, unha biblia non, uns salmos deses, unha cousa ben pequena e eu por non faltarlle ao respeto collína, de xeito provisional, ollo! Ese mesmo día baixou un francés para correr coa camisola do R.Madrid, eu lle dixen que non me gustaba, en fin, non sei que carallo entendeu ou coma carallo me expresei que pensou que me gustaba!! Total, esa noite estaba petando na porta do charolo co conxunto na man, e ponte ti a replicar cun francés teimudo! "No, no, yo esto quemar", "si, si tu quedar", "que no!!yo esto quemar, fuego, fuego". En fin, ainda que ao final entendeu que odiaba ao Madrid dende pequeno, o conxunto ficou conmigo… estiven un día cos salmos e a camisola e pantalón curto do R.Madrid, só me faltaba que fixeran cacheo e os atopasen, o informe do funcionario de turno cara a Dirección habería que imaxinalo… igual que o informe do comedor do "lapis do carpinteiro". Ao día seguinte o salmo dinllo a un argentino moi católico él, e o conxunto aos meus veciños nixerianos que son moi coloristas eles.

Sigo lendo moito, aproveitando que me mandara saúdos Manuel Rivas voltei a releer "O lapis do carpinteiro" e "Que me queres amor", desta vez en castelán, moi recomendables; tamén "Cuentos completos" de Benedetti, un libro que me dixera o Erlantz, compañeiro de causa que agora está na enfermería de Navalcarnero. Falando de compañeiros de causa, non sei se saberedes que saiu un de nós, Olarieta, o avogado, baixo fianza de 12.000€ vaia semaniña passei cando me enterei, miña nai!!jejeje …Eu estaba no mesmo recurso, todas as tardes (o axente judicial soe vir sobre as 16.30-17.30) agardaba expectante a ver que passaba. A pior semana con moita diferencia dende que estou aquí, qué ansiedade!! Mais durou usó unha semana porque non podía estar asi, as duas semanas veume denegado. Moita calma e moita paciencia, esa lección aprendinna.

Ademais tal e coma está a situación politica é para non facerse ningun tipo de ilusión. Haberá que agardar que decide o Tribunal Constitucional con respeito ao Estatuto Catalán, mais se deciden quitar a finais de este ano o termo "nación" para Catalunya do Preámbulo, é que van pechar todas as portas. E todo indica que vai ser así. Son dos que penso que a medida que se agudice a crise van apretar mais as clavixas a nivel represivo.

E chegou o verán e cegaron as primeiras visitas con colegas, yupiiiiiiiii!! A de Dani, que foi todo un terremoto. Nótase que ainda non estou acostumado as comunicacións porque non estiven moi ben ainda que Dani saiu contentisimo. A Vanessinha e Txemita, entrañable. Jejeje, a segunda vez que lle dixen a Vane que estaba moi guapa se me acendeu unha luz vermella no cerebro que me dicía."non llo digas mais, non llo digas mais que vai pensar mal…" menos mal que nos coñecemos dende hai moitos anos e hai confianza. E de cartas, sigo recebendo moitas mostras de solidariedade, unhas follas asinadas na comida da no Faluya, por certo, un non pode cometer erros, verdade? O ano pasado tamén fixemos churraskada e sardiñada, fixem a compra e paseime co sal, non sei cantas bolsas merquei… e este ano o Oskarita lembrábamo…pillabán!! Tamén o meu agradecemento aos ovellas negras que no San Xoán recaudaron cartos para os presos. A xente do concerto da okupa, ainda que non puiden chamar porque se encargaron os de sempre de sabotea-la. A Charo de Boiro que me mandou unha postalita preciosa, desas que fan a un sentirse orgulloso de ter tanta xente detrás, pois si que agardo que nos vexamos algún dia!Ademais non conhezo Boiro! A cantidade de viaxes que teño planexado xa!Dime o meu irmán Suso que hai días e días talegueiros, uns mellores, outros piores…aquí hai tempo para todo, por iso cando chega unha postaliña asi, ese dia é dos mellores.

E da homenaxe de Pepita que dicer, non hai palabras, somente transmitirvos o noso agradecemento por tremenda mostra de agarimo. Chameina o luns e ainda estaba moi, pero que moi emocionada!

Moita xente que me preguntaba na rúa porque lle puxéramos Faluya ao bar, lendo este artigo do "Resumen Latinoamericano" de xullo-agosto desta iraquí, precioso, transcribo parte del e remato asi.

Quero-vos!

"SOY UNA FANÁTICA IRAQUÍ"

El otro día alguien fue y me dijo,"¿Sabes una cosa? Tú lo que eres es una fanática iraquí"… confiando en herirme con esa frase, pero sólo consiguió que me alejara con la cabeza muy alta(…)

Desde los años de las sanciones, con toda su miseria y enfrentamientos hasta la actual ocupación por una supuesta "gran democracia"… una ocupación por la potencia más poderosa de la tierra, y de nuevo, la indiferencia total del mundo. Millones de muertos, millones de huérfanos, millones de viudas, millones de inválidos de por vida y ¿todavía esperan que no me haya convertido en una fanática iraquí?

Si fuera necesario, inventaría una y otra vez el fanatismo. Lo redefiniría para ustedes en mi versión iraquí. Reconstruiría ese concepto y le daría una nueva perspectiva nueva y completa acerca de qué es el fanatismo. No les quepa duda, una "fanática" en todo lo que a Irak respecta.

(…) Cuando durante dieciocho años no hemos hecho otra cosa que recoger nuestros pedazos y apretar los dientes, cuando durante dieciocho años vuestras bombas y vuestro silencio han amordazado nuestros gritos, sí, nos convertimos en fanáticos iraquíes.

Cuando nuestras bibliotecas, universidades, libros… han sido convertidos en cenizas y nuestros niños se han olvidado de leer y escribir, nos convertimos en fanáticos iraquíes.

Cuando nuestros cerebros son asesinados uno por uno -desde nuestros académicos a nuestros científicos, artistas y cantantes- y nos enteramos que guardáis nuestros cerebros como trofeos en jarras, nos convertimos en fanáticos iraquíes.

Cuando nuestras riquezas son saqueadas, nuestras casa convertidas en un montón de ruinas, nuestros museos desvalijados, nuestras antiguas tablas pisoteadas y hechas pedazos, nuestra historia borrada y falsificada, nos convertimos en fanáticos iraquíes.

Cuando todo nuestro sistema sanitario se ha venido abajo, cuando tocamos en las puertas y no podemos encontrar trabajo, cuando tenemos que mendigar un visado de entrada o un permiso de residencia, cuando somos rechazados, ridiculizados, considerados una carga, empujados, humillados, nos convertimos en fanáticos iraquíes.

Cuando vemos a nuestros ancianos mendigando por las calles, a nuestras mujeres que no encuentran comida, a nuestros hombres torturados, a nuestras hijas convertidas en prostitutas y a nuestros niños sometidos a tráfico infantil y vendidos, nos convertimos en fanáticos iraquíes.

Cuando no podemos visitar a nuestros seres amados ni en los cementerios y prisiones que han devenido tan atestados, tan anónimos, nos convertimos en fanáticos iraquíes.

Cuando nuestros campos están abandonados, la tierra baldía o convertida en campos de amapola a partir de semillas iraníes. Cuando nuestros ríos están siendo desecados y nuestros árboles arrancados. Cuando nuestro cielo apesta de radiación y el aire que respiramos está plagado de ucranio, nos convertimos en fanáticos iraquíes.

(…) y cuando finalmente nos entregan en bandeja de plata, a la más atrasada, racista, chauvinista, puta de los alrededores, seguir siendo una fanática se convierte en una obligación, una tarea, un deber.

Esto es lo que soy, una "fanática iraquí". Ya pueden considerar que para mí, ser una fanática es todo lo que me queda ser cuando a nuestro alrededor todo se ha derrumbado, cuando todo ha desaparecido, cuando todo se ha desvanecido… y nadie, absolutamente nadie, podrá quitar eso de nosotros, de mí.

Layla Anwar.

Resumen Latinoamericano. Nº96. Xullo-Agosto 2008.

Chuzame! chúzame -
xoves, xullo 31st, 2008

Eis a crónica audiovisual realizada por  gzvideos da acçom solidária realizada polas companheiras de CEIVAR o passado 24 de julho em Compostela.

 http://gzvideos.blip.tv/file/1126753/

Chuzame! chúzame -
venres, xullo 11th, 2008

Valdemoro, 19 de xuño de 2008

Desde dentro destes muros de cemento, ollando o ceo azul, quero atrapar as vosas miradas, quero sentir os vosos sorrisos, quero escoitar os vosos berros e abofé que esta noite o consigo. Por iso, porque aínda que vos pareza mentira e os ladróns de soños non acaden a descifrar, a pesares da censura das cartas esta noite tan especial estou convosco, por iso unha aperta moi grande, sí, desas que dou eu...para as organizadoras do concerto gracias polo voso esforzo, para os grupos de música, gracias pola vosa solidariedade, para as que estades asistindo, gracias pola vosa presenza.

Mais sería unha aperta incompleta se non incluira a outr@s ausentes, a Davide, a Iolanda, a Ugio, a Giana, a Maria José, a Marcos, a Santi, a Jose Manuel, a Suso, a Paco...aos que sofren a política penitenciara e resisten; aos que están lonxe da casa e resisten, aos que están aillados dos seus propios compañeiros e resisten, aos que, a pesares de todo, manteñen o puño erguido e a cabeza alta, eles tamén están aquí esta noite, tamén están !

Corren tempos duros, tempos donde as mobilizacións obreiras son reprimidas con saña e a única saída que lles deixan é a acción directa, tempos onde as alcaldesas son encarceradas sen máis, tempos onde a solidariedade cos presos e presas é condeada con penas de 10 a 13 anos, como no xuízo a Gestoras...Por iso, nestes tempos, cómpre unirse, cómpre chamarse á unidade antifascista, cómpre non torcer a cara nen mirar para outro lado, cómpre mobilizarse ante a inxustiza.

Mirando ao horizonte, vendo como anoitece, as nubes e as súas tonalidades...esta noite boto con vós ao ritmo da música, compartindo a vosa ledicia, mais non esquezadas nunca as presas e presos, porque sinxelamente, formamos parte de vós.

Unha aperta revolucionaria.

Carlos Cela

Chuzame! chúzame -
luns, xuño 23rd, 2008

Desde este sábado 21, os direitos penitenciários fundamentais dos que é titular cada preso, forom-lhe retirados arbitrariamente a Carlos Cela Seoane, preso desde o 23 de janeiro.

Negase-lhe, polo tanto, o direito a recever visitas, sob o argumentos de estarem os permisos caducados.

Segundo a legislaçom penitenciária, os permisos caducam 6 meses depois de que a pessoa autorizada faga a primeira visita, Carlos, porém, leva 5 meses na prissom polo que é totalmente impossível que algúm desses permisos esteja fora de praço.

Além disto quando tentou enviar cartas para informar ás pessoas autorizadas da súa actual situaçom estas forom rachadas polos funcionários por autodefinir-se nas mesmas como preso político.

Recordamos que para quem queira solicitar de novo a visita tem que enviar os seus dados a:

carlos cela seoane

complejo penitenciario de madrid III

carretera pinto-san martíbn de la vega km5

28340-Madrid

Chuzame! chúzame -
martes, xuño 17th, 2008

Um dia antes de que se cumpram 5 meses do seqüestro do solidário galego, a assembleia pola liberdade de Carlos organiza um jantar no bar Faluya da Corunha.

O bar Faluya era o establecimento regentado polo nosso companheiro, umha mostra máis de que a súa actividade era totalmente pública. Ademáis este foi assaltado e registado violentamente polo corpo paramilitar espanhol "Guardia Civil" que,  por se fora pouco, furtou umha grande cantidade de dinheiro.

A hora de comezo será ás 14:30h do domingo 22 de junho, e todos os benefícios irám destinados a sufragar os gastos derivados das distintas actividades solidárias que se tenhem levado a cabo nos últimos meses

CARLOS LIVRE JÁ!!

PRES@S POLÍTIC@S GALEG@S LIBERDADE!!

Chuzame! chúzame -
domingo, xuño 15th, 2008

Este sábado, quase 45 dias depois do praço que o próprio tribunal espanhol se marcara, o Tribunal Supremo rejeitou a possivilidade de excarcerar ao comunista galego Carlos Cela.

O recurso fora apresentado o 30 de avril, e assinado polo próprio Carlos e por Juan Manuel Olarieta, díu na liberdade provisional do cidadám basco, pero ficou apraçado no caso de Carlos.

Ontem foi rejeitado, co qual permanecerá em prissom á espera de que se repita o juizo, já que a resoluçom foi dada por um juiz sustituto, medida que o advogado de Carlos considera injusta.

STOP DISPERSOM!

ABAIXO A LEI ANTITERRORISTA!

PRES*S POLÍTIC*S GALEG*S LIBERDADE!!!

Chuzame! chúzame -
xoves, xuño 5th, 2008

Dicia alguén que a solidariedade é a ternura dos povos, nom perdamos este dito e nom perdamos nunca, nunca as ganas de rir, as ganas de soñar e as ganas de loitar.ADIANTE SEMPRE.
POR UN MUNDO SEN OPRESORES NEN OPRIMIDOS.
Unha aperta.

Carlos Cela Seoane.

Achegamos umha ligaçom que contem a entrevista realizada ao Comité de Suport a Carlos Cela de Catalunya, país onde viveu o nosso compa durante 10 anos.

Disponível no seguinte link:

http://www.archive.org/download/SolidaritatAmbCarlosCelaSeoane/20080224seoane.mp3

Chuzame! chúzame -
mércores, maio 28th, 2008

Fazemos umha chamada a todo tipo de individualidades e colectivos de Galiza e de todo o Estado a assinar pola liberdade do nosso companheiro.

carlos.jpgQuantas mais assinemos melhor, quando recopilemos as sinaturas enviaremos-lhas para reforçar os seus ánimos, que polo que fixo chegar há uns dias, é grande graças á solidariedade de todas as pessoas que hoje o apoiamos.

envia a túa sinatura a  carloslivreagora at gmail.com

Recordade que podedes escrever a Carlos a:

Prisión de Madrid III

Carretera Pinto-San Martín de la Vega, kilómetro 5

28340-valdemoro madrid

Assinantes:

Chuzame! chúzame -
venres, maio 23rd, 2008

No dia em que se cumprem 4 meses do seqüestro por parte do Estado espanhol de Carlos Cela disponivilizamos este artigo feito polo seu advogado Endika Zulueta

Endika Zulueta Advogado

Do «Direito penal de autor» á aboliçom do «estado de direito»

A «guerra contra o terrorismo» convertiu-se também na guerra contra as garantías que devem regir o Direito penal. Nom é um simples retorno ao passado, é umha fase evolutiva nova na que o delincuente nom é cidadám, senom um inimigo

Tras o 11 de setembro a Administraçom estadounidense declarou a chamada «guerra contra o terrorismo», umha guerra sem precedentes, sem límite espacial ou temporal, e ante um inimigo difuso que vai sendo sinalado em funçom de escuros interesses políticos e/ou comerciais. Isto acelerou o establecimento de legislaçons destinadas a limitar ou suprimir direitos fundamentais, assím como a ampliar competências policiais e dar carta de impunidade aos serviços secretos.

A maior parte dos estados do mundo aproveitarom a oportunidade para unir-se a esta guerra e emprega-la para reprimir as disidências políticas interiores com maior impunidade. Assím, vinherom-se justificando múltiples actos de terror com a excusa de tilda-los de antiterroristas, desde cárceres secretos a «Guantánamos», desde a tortura á guerra preventiva. A estudadamente ambígua definiçom de terrorismo que recolhem a maioria das legislaçons mundiais, junto com o reconhecimento do inimigo no ámbito penal, conlevarom a aplicaçom do Direitoo penal do autor: tende-se a julgar, e condear, ás pessoas nom polo que fam senom polo que som. Desde esta perspectiva, a «guerra contra o terrorismo» convertiu-se também na guerra contra as garantias que devem regir o Direitoo penal. Nom é um simple retorno ao pasado, é umha fase evolutiva nova na que o delincuente nom é um cidadám, senom um inimigo, e a fin da pena nom é a reinserçom social, senom o castigo e a vinganza; o que era típico de estados autoritários aplica-se agora em estados formalmente democráticos.

Em efecto, o Direito penal conhece dous polos nas súas regulaçons; por um lado o trato com o ciudadám, no qual a maquinária penal espera que cometa um feito para reaccionar, e por outro o trato com o inimigo, ao que se combate pola súa perigosidade, reaccionando a maquinária penal antes de que este actue, justificando-se assím condeas preventivas (com o mesmo razoamento que as guerras preventivas). Identifica-se ao acusado como terrorista e ao terrorista como inimigo num contexto de guerra ao terrorismo, trasladando-se ao ámbito jurídico numha linguagem de guerra no que as garantias jurídicas brilam pola súa ausência. A pena já nom se aplica aos terroristas, senom ao terrorismo, transformando-se a sua imposiçom numha arma máis dentro de dita confrontaçom.

O Estado espanhol nom foi alheo a toda esta dinámica. Ademáis de amplas modificaçons penais (no 2003 impujo-se de facto a cadea perpétua), engadidas á legislaçom antiterrorista existente dentro da legislaçom comúm (penalidade desproporcionada aos chamados delitos terroristas, limitaçom dos direitos dos detidos, enjuizamiento por tribunalis especialis, incomunicaçons permanentes nas prissons), estam-se a dar importantes pasos na aplicaçom do Direito penal do autor tra-la Lei de Partidos e a qualificaçom de algúns adversários políticos como terroristas, e por ende inimigos, enjuizando-os polo mero feito de serem qualificados como tais, lembrando nalgumha medida o que sucedia neste país num período nom tam afastado (os nossos avós estiverom encarcerados por ser “rojos”, sem necesidade de realizares feito algúm).

A ninguem se lhe escapa que actualmente se estám criminalizando conductas que eram consideradas impunes fai mui pouco tempo. Pecham-se rádios e jornais, criminalizam-se disolvem-se organizaçons juvenis, asociaçons de ajuda a presos e partidos políticos; por último enjuiza-se, e condea, por delitos de pertenza a banda armada a pessoas que realizam actividades alheas a dita actividade ou que incluso repudiam o uso da violência como método político.

As últimas modificaçons penais venhem a eliminar de facto as diferências entre participaçom e autoria, incluso entre fins políticos e colaboraçom com organizaçom terrorista, até que, como sinaa o professor Cancio Meliá, «acadou-se o ponto no que `estar aí' de algúm jeito, `formar parte' de algumha maneira», aínda que seja só com ausência de crítica, «é suficiente para ser considerado autor». Assím, a la maioria de acusados nestes juizos nom se lhes imputa um acto criminal concreto, senom tam só a suá participaçom laboral, política ou social nalgumha entidade tildada de terrorista, e nom é casualidade que nestes juizos os peritos policiais nom sejam expertos em armas senom em documentos (que só recolhem expressons dum pensamiento, e o pensamento, lamentávelmente há que recorda-lo, nom delinque), o que antes era denominado «propaganda subversiva», e se presentam como provas de cargo comportamentos individualmente nom delitivos que finalmente o som em base á alineaçom do autor num colectivo que se tilda aleatoriamente de terrorista, calificando-se assím de criminais actividades que até o de agora eram símbolo do pluralismo político. Como sinala Raúl Zaffaroni, membro da Corte Suprema argentina, «o que verdadeiramente se está discutindo é se se podem diminuir os direitos cidadáns para individualizar aos inimigos. Se se legitima essa lessom, o estado de direito teria sido abolido». Evita-lo, depende em parte de nós.

tirado de:

 http://www.gara.net/paperezkoa/20080124/...

Chuzame! chúzame -