Phoenix Criminal Lawyer

Carlos livre agora!

Carlos Cela detido e encarcerado o 23 de janeiro sem motivo. Nom á ilegalizaçom das ideias

Blog Search

Calendar

Xullo 2008
L M M X V S D
« Xun    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Recent Posts

  • Cadeia humana pola liberdade d@s pres@s
  • Comunicado de Carlos Cela lido no concerto de apoio
  • Suprimem arbitráriamente os direitos penitenciários do Carlos
  • 22 de junho, jantar solidário com o Carlos
  • Tribunal Supremo rejeita recurso de Carlos
  • A solidariedade nom entende de fronteiras
  • Assina pola liberdade!!
  • Do dereito penal de autor á aboliçom do Estado de direito
  • Artigo sobre o seqüestro de Carlos
  • Informaçom de interesse
« Suprimem arbitráriamente os direitos penitenciários do Carlos
Cadeia humana pola liberdade d@s pres@s »

11

Xull

Comunicado de Carlos Cela lido no concerto de apoio

carloslivreagora 

Valdemoro, 19 de xuño de 2008

Desde dentro destes muros de cemento, ollando o ceo azul, quero atrapar as vosas miradas, quero sentir os vosos sorrisos, quero escoitar os vosos berros e abofé que esta noite o consigo. Por iso, porque aínda que vos pareza mentira e os ladróns de soños non acaden a descifrar, a pesares da censura das cartas esta noite tan especial estou convosco, por iso unha aperta moi grande, sí, desas que dou eu...para as organizadoras do concerto gracias polo voso esforzo, para os grupos de música, gracias pola vosa solidariedade, para as que estades asistindo, gracias pola vosa presenza.

Mais sería unha aperta incompleta se non incluira a outr@s ausentes, a Davide, a Iolanda, a Ugio, a Giana, a Maria José, a Marcos, a Santi, a Jose Manuel, a Suso, a Paco...aos que sofren a política penitenciara e resisten; aos que están lonxe da casa e resisten, aos que están aillados dos seus propios compañeiros e resisten, aos que, a pesares de todo, manteñen o puño erguido e a cabeza alta, eles tamén están aquí esta noite, tamén están !

Corren tempos duros, tempos donde as mobilizacións obreiras son reprimidas con saña e a única saída que lles deixan é a acción directa, tempos onde as alcaldesas son encarceradas sen máis, tempos onde a solidariedade cos presos e presas é condeada con penas de 10 a 13 anos, como no xuízo a Gestoras...Por iso, nestes tempos, cómpre unirse, cómpre chamarse á unidade antifascista, cómpre non torcer a cara nen mirar para outro lado, cómpre mobilizarse ante a inxustiza.

Mirando ao horizonte, vendo como anoitece, as nubes e as súas tonalidades...esta noite boto con vós ao ritmo da música, compartindo a vosa ledicia, mais non esquezadas nunca as presas e presos, porque sinxelamente, formamos parte de vós.

Unha aperta revolucionaria.

Carlos Cela

Chuzame! chuzame -

This entry was posted on Venres, Xullo 11th, 2008 at 8:31 pm and is filed under Sen clasificar. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.

Leave a Reply

Trackback URI | Comments RSS

Login

  • Log in
  • Valid XHTML
  • XFN
  • WordPress
  • Wordpress Themes

Categories

  • Sen clasificar

Blogroll

  • CEIVAR
  • Comisión de denúncia de Galiza
  • Coordenadora estatal de solidariedade coas pessoas presas
  • ESCULCA
  • Plataforma cidadá que voltem a casa!
  • preS.O.S. Galiza

Design & Support From Anthony Ifon
Wordpress Theme powered by newpbc-design
Supported by Your Proxy & Myspace Layouts