Recordade que podedes escrever a Carlos a:
Prisión de Madrid III
Carretera Pinto-San Martín de la Vega, kilómetro 5
28340-valdemoro madrid
Valdemoro, 24-03-08
-Xuño de 2007
Detención de 4 militantes do PCE(r) e 2 do GRAPO en Barcelona. Entre os militantes do PCE(r) o meu irmán Paco. Declaración dun xefe da policía a “El País”: “...ahora ya sólo nos quedan los amigos y familiares...”
-Xaneiro de 2008
Detención de 5 solidarios cos presos políticas, máis ou menos o ministro dos GAL, o señor Rubalcaba: “no formaban parte de ningún comando operativo, de ninguna célula estable, pero por si acaso había que detenerlos...”
Guerra preventiva, o todo vale contra o que eles chaman “terrorismo” agora, antes “bandolerismo”; o que o meu avogado, Endika Zulueta nun artigo publicado no Gara chama “Dereito Penal contra o inimigo”
Mais quen é o inimigo? De xeito claro, aparecen os que verdadeiramente resisten e combaten ao Estado fascista e imperialista español, para eles, todas as leis excepcionais habidas e por haber, para eles a criazón da Audiencia “Nacional” por decreto-lei en sustitución do antigo Tribunal de Orden Público franquista (curiosamente os xuízes seguiron sendo os mesmos), para eles os mesmos gardas civís, policías que os torturaban na dictadura e os seguían torturando na “democracia”, para eles a intoxicación mediática e o silencio máis absoluto sobre a súa loita.
Mais agora, para xustificar os novos atropelos que xa están cometendo e van cometer, o inimigo nolo presentan difuso, agora o inimigo somos todas, todas e todos aqueles que ousen erguer a súa voz contra a inxustiza. Ese é o salto culitativo que están a dar, e quen non o vexa é que está cego ou mira para outra parte. Comezaron en Euskal Herria aplicando un estado de excepción permanente, sentenciando a decenas de anos de prisión a persoas normais e correntes, xornalistas, avogados, mestres, ...como aconteceu co 18/98, ilegalización de partidos e criminalización da solidariedade.
E agora esa vía represiva extendese a todo o Estado, somos perigosos, a man tendida é perigosa, a solidariedade con presos e presas políticas é perigosa, a denuncia que se erga sobre os seus muros de odio é moi perigosa, a carta enviada a un preso político, chea de agarimo, tamén é perigosa.
Senón fora todo isto sumamente perigoso ante os seus ollos, a santo de que me limitan a correspondencia a 3 cartas á semana??a santo de que ma reteñen e interveñen e me censuran as comunicacións?
Ah!! xa sei, en aras da “convivencia pacífica”, non? Señor Quintana? De que paz? Da dos cemiterios, señor Quintana? Ben, o Sr. Vicepresidente da Xunta é tamén responsable da vulneración dos meus dereitos como persoa.
E para mostra un botón:
DILIGENCIA DE NOTIFICACIÓN
Por la presente se pone en su conocimiento que una vez recibidos los informes del Centro Directivo no se considera conveniente la entrega remitida a usted por SEOANE VAZ, JOSEFA recibidas en este centro los días 20 y 25 de febrero de 2008.
Non vedes?? Seica as palabras tamén son perigosas!!
DILIGENCIA DE NOTIFICACIÓN
Por la presente se le notifica que la correspondencia remitida por usted a A.V.V. se le envía al Centro Directivo para su traducción y posterior curso, si procede.
E así podería seguir con todas as cartas que escrebo na miña lingua e as que recibo. O día 3 de marzo un colega de Cambados escribíume, chegou ao cárcere o día 6, despois da correspondente notificación, déronma o 22. Hai un mes, sei que dúas amigas me escribiron, aínda non me chegaron, si é que chegan claro. Cunha amiga solicitei autorización telefónica o 6 de marzo, aínda estou agardando...Cando ao resto de presos, son o único político do Módulo, tardalles menos dunha semana en recibir a autorización. E todo isto fano planificadamente , coa finalidade de incomunicarnos, de afastarnos de vós, de aillarnos da nosa xente.
E coas chamadas intercarcerarias cos meus irmáns tampouco teño tido moita sorte, o dia 12 de marzo tiña concedida chamada co meu irmán Paco, despois de tres chamadas ao cárcere de Valladolid, non puiden falar con el, ás 3 veces “alguén” cortou a chamada. Co meu irmán Suso si falei 3 minutiños (dos 5 aos que teño dereito), porque os outros 2 fixoo agargar o funcionario de turno, mentres eu agardaba a que sonara o telefono. Só podo falar con eles unha vez ao mes. 5 minutos ao mes. 1 hora ao ano. A ver se para abril non se me corta a chamada de Valladolid. Laguen preguntarase se non protestei polas chamadas de Valladolid, si claro, fixen Instancia ao Director protestando, pero unha cousa é denunciar e outra que che dean a razón, jejeje
Pero bueno, sempre nos queda o dereito ao pataleo, non?
Até aquí a denuncia, que non vos quero aborrecer. Polo demáis, por aquí sigo, tentando correr cada 2 días uns 20 minutos, aínda que até o de agora son bastante irregular, non sei, non sei, sempre teño algunha excusa jejeje.
Mais nada, nada, a partires da semana que ven prometovos que serei regular, eh!
Hoxe comecei a facer abdomninais no chabolo. Creo que xa vos comentei que no patio non hai ximnasio, os propios presos con paus de escoba e botellas de auga nos extremos, cheas claro, fixeron pesas e fan exercicios varios, mais a min non me gusta, porque alí están todos os “musculiños” e os do Leste, que son auténticas moles. Así que prefiro facelas na intimidade.
En fín, a primeira abdominal foi de escándalo, si si, a primeira e non foi porque non fora capaz de facelas, joder até aí chego! Apoiei os pés na cama de cemento e cando me dispuña a facer a primeira ao ancho, zas!!, menudo ostión que me dín na coronilla! Creo que o escoitaron en todo o módulo. Si, non calculei ben o espazo, entre o catre e a parede debe haber de ancho apenas un metro e medio, e outro metro de ancho do catre, aí tedes o ancho da cela. De longo uns 5 ou 6 metros. Despois de recuperarme da risa e de chamarme a mín mesmo “burro, burro, burro”, afortunadamente non había testemuñas, dispúxenme a facelas ao longo e aínda fixen, eh!
E estamos en marzo, é xoves, vai frío polo patio, dous gorrións se reparten as migallas de pan nun recuncho até que chega unha pomba fachendosa e faise co anaco mais grande, espantando aos gorrións, eu solidarízome inmediatamente con eles, claro, e segue sendo marzo e xoves....
“era 6 de marzo de 1941. No libro de inscripcións da defunción do cemiterio do Leste, anotaron o nome e apelidos de 17 axuticiados, 16 homes e unha muller. Isabel Gómez Sánchez. Hortensia non figura na lista. O nome de Hortensia Rodríguez García non consta no rexistro de fusilados do dia 6 de marzo de 1941. Pero contan que aquela madrugada, hortensia mirou de frente ao piquete, coma todos:
-Viva a República!!!!!
E din e é certo, que unha muller achegouse aos caídos e axeonllouse xunto a Hortensia.
Levaba unhas tixeiras na man, cortoulle un anaco de tela do vestido que se puxera para morrer.
E pechoulle os ollos
E lavoulle a cara
“La voz dormida” Dulce Chacón
Era marzo de 1941, que non nos borren a memoria!!
E paseo polo patio, chamanme por megafonía, cartas!!!!. Unha da miña nai e outra dunha persoa anónima (dame no nariz que é dunha rapaza) mándame un conto de Nassir Ibrahim “O carnet de identidade” e ponme unhas letriñas
“gustaríame que souberas que eu tamén estou contigo
(...)
entalto e bikos”
Graciñas persoa anónima!!, seino, seino, que ti estás comigo e coma ti moitas persoas, esa é a nosa grande forza e iso é algo que non poden controlar, deter, parar, non poden, non.
Entalto...se non lembro mal, “en loita” en aragonés. Cantos recordos! Había un bar en Zaragoza que se chamaba Entalto, alí comíamos gratis todos os días os familiares dos presos políticos do PCE(r) e dos GRAPO que estaban en folga de fame, gracias á solidariedade dos colectivos daquela cidade.
Era xaneiro de 1990, eu tiña 17 anos, viaxo a Zaragoza onde xa está a miña nai, Hospital Provincial, os presos políticos xa van camiño de 2 meses en folga de fame. Unha habitación, dúas camas, nunha delas o meu irmán Paco, na outra Balmón. Achegámonos, e da impresión que levo ao ver ao meu irmán, teñome que sentar na cama de Balmón, e aguantar as bágoas como podo. Paco está esquelético e vestido co mesmo pixama do meu pixama, aquel pixama que vestira no hospital da Coruña, onde morría en xaneiro de 1989. Era a mesma imaxe, a mesmiña.
Días máis tarde, regreso a Coruña para receber ao meu irmán Suso que sae do cárcere e é trasladado en ambulancia ao hospital de Santiago antes de ser liberado, leva 56 días en folga de fame. Sae libre. Convoca unha reunión de colectivos na Coruña para apoiar a folga de fame que está ao límite, en febreiro Paco entraba en coma, logrando saír ao dia seguinte. Dous días despois da reunión, o meu irmán Suso, é secuestrado na rúa Entrepeñas polo Comando Omega dos GAL verde da Guardia Civil, o secuestro dura 18 horas e é torturado.
O xefe do operativo era o daquela Capitán da Guardia Civil Gómez Nieto, que foi ascendido. No ano 2001 era Comandante de posto no Cuartel de Lonzas da Coruña. Os que deron as ordes para perpretar o secuestro, o daquela ministro de interior José Luís Corcuera e Rafael Vera. O encargado de organizar ao comando dos GAL, Luís Roldán. Ningún deles foi nen tan sequer ao xulgado, claro.
A fogla de fame durou 435 días, aos 175 morreu Jose Manuel Sevillano “Sevi”
O único que reclamaban os presos políticos era o reagrupamento de todos eles nun só cárcere. Non llo concederon. Gobernaba o PSOE dos GAL, o mesmo PSOE que agora, que non nos vendan milongas!!
Dicía Mumia Abu Jamal, preso político afroamericano no corredor da morte, no seu libro autobiográfico que el collera conciencia cando indo pola rúa, sendo adolescente, varios policías brancos, sen previo aviso comezaron a mallar nel.
Eu collina con aquela folga de fame, tiña 17 anos e vinlle a verdadeira faciana á morte e á sinrazón ao Estado fascista e imperialista español.
Sigo paseando polo patio, a miña esquerda un anaquiño de pan, unha pomba fachendosa altiva, vai tranquilamente a polo seu obxectivo, lánzolle unha mirada de odio porque non me esquezo dos dous gorrións, faise co anaco de pan botase a voar. Nos meus beizos aparece un sorriso. Sempre hai un espazo para a risa, aínda que os muros sexan altos e grises, sempre hai espazo para a esperanza aínda que no horizonte máis perto todo sexan nubarróns, sempre hai espazo para a vida aínda que os verdugos da madrugada tenten impoñernos a súa escuridade, sempre hai espazo para o futuro, o que nos queremos viver, sempre!!!!
Un biquiño para todas e todos!!!!
Carlos Cela
PD: Hoxe é venres, xa me cago na semana santa! Contaba con 2 libros, un de “Introducción ao marxismo” de Henry Lefevre e outro sobre a Agrupación Guerrillera de Levante, pero como é festivo...ostiaputa xa!!!...xa fico sen libros toda a finde..menos mal que nos queda o futbol, jejeje. Mañá aí estarei pendente coa radio do Mallorca-Depor, ademáis que ás 20:00h xa estamos chapados nas celas, aparte de ser o único preso político, son o único siareiro do Depor, claro...
E en Semana Santa, aínda por riba, tampouco hai o meu programa favorito nunha emisora de Valdemoro, Antena Boreal, soen poñer música distinta, un día sorprenderonme co “No hay tregua” de Barricada, lembreime daquel venres no Faluya, cos Indar Gorri e todo o bar cantando a canción, eu lembrabame moito dos meus irmáns nese intre, foi moi emocionante.
Tamén pinchaban aos Gipsy Kings, “Hotel California”, jejeje, vaia risas. A presentadora chamase Laura Uria e xa estou por escreberlle contandolle que son un entusiasta do seu programa, jejeje
Por certo, saíume un chichón na coronilla......
chuzame -